G.P.U.L.

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux é unha asociación universitaria cuxos obxectivos principais son:


  • Promoción do concepto do Software Libre e fomento do seu uso.

  • Programación para estándares abertos coma filosfía de desarrollo e promoción dos mesmos

  • Programación e desarrollo de programas libres

  • Acercamento do Software Libre á sociedade en xeral e ó colectivo universitario en particular

  • Fomentar o emprego de redes de comunicación (internet) como medio idóneo de comunicación entre programadores para o desarrollo do software.

IX Xornadas sobre Software Libre

As tradicionais xornadas sobre Software Libre de GPUL chegan á súa novena edición. As datas previstas para a súa celebración son do 20 de abril ao 24 de abril de 2009.

Coma sempre, o evento consistirá nunha serie de charlas e obradoiros con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo do software libre, os estándares abertos ou mesmo a cultura libre.

As xornadas son o principal vehículo da asociación para o intercambio de coñecementos e ideas entre os socios, alumnos da facultade de informática e calquera interesado en participar no evento, ben organizando ou axudando nalgunha das actividades ou simplemente asistindo ás mesmas.