Benvidos ás VIII Xornadas de Software Libre de GPUL 2008

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) en colaboración coa Facultade de Informática de A Coruña, compraceuse en presentar un ano máis as VIII Xornadas de Software Libre de GPUL 2008.

Estas xornadas celebráronse entre os días 10 e 19 de abril na Facultade de Informática. Podedes consultar o programa das mesmas, onde tamén atoparedes o diverso material xerado.

Dende G.P.U.L. agardamos que as xornadas foran do voso agrado e que cando menos esteades un chisco máis abertos a probar novos paquetes software que sen dúbida vos serán de grande utilidade no futuro.

Un saúdo

Colaboran con G.P.U.L. nestas Xornadas:

Logo da empresa Igalia Logo da Universidade da Coruña
Logo de caixanova Logo da Consellería de Educación